O director da Casa de Galicia en Madrid participou na inauguración dunha exposición en recordo dos atentados do 11M

Madrid, 7 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición "20 años del 11M. Memoria, dolor y solidariedade”, en recordo das 193 persoas asasinadas e as máis de 2.000 feridas nos atentados do 11 de marzo de 2004, que alberga A Galería das Coleccións Reais. A exposición foi organizada pola Fundación Vítimas do Terrorismo, o Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo e o Ministerio do Interior coa colaboración da Axencia EFE e de Patrimonio Nacional.

A mostra reúne 67 imaxes captadas pola Axencia EFE entre os días 11 e 14 de marzo de 2004 e poderase visitar na Praza da Armería de Madrid até o 20 de marzo. As fotografías fan referencia aos atentados, ás vítimas mortais, á solidariedade de Madrid e os seus habitantes e ao proceso xudicial posterior e están acompañadas de información escrita que pon en contexto o seu contido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024