A Xunta entrega a Medalla de Prata de Protección civil a José Franco, presidente da AVPC de Vilalba

Lugo, 29 de xullo de 2024

A Xunta entregou hoxe unha medalla de prata de Protección Civil a José Franco Criado, presidente da agrupación de voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Vilalba e da Federación Lucense de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. O delegado territorial, Javier Arias, fíxolle entrega do distintivo. 

A Administración autonómica concede anualmente medallas e condecoracións ao mérito a persoas ou entidades que destacan polo seu labor en materia de Protección Civil e emerxencias no territorio galego. En 2024 outorgáronse catro medallas de prata. 

Arias agradeceu o compromiso das persoas que voluntariamente adican o seu tempo a integrar as AVPC. Asegurou que a Xunta seguirá facilitando recursos, equipamento e formación para impulsar o traballo das agrupacións. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/07/2024