A Xunta destaca a importancia de que a xuventude se involucre en proxectos que mesturen crecemento económico e sustentabilidade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, clausurou hoxe a presentación do proxecto Atlic, beneficiario do programa Interreg e que aproveita as oportunidades da economía azul

Lugo, 19 de marzo de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, clausurou esta mañá a inauguración do proxecto Atlic, un dos programas beneficiados do Programa Cooperación Territorial Europea (Interreg). Durante a súa intervención destacou a importancia de que a xuventude se involucre en proxectos coma este, que mesturen o crecemento económico e a sustentabilidade.

O proxecto Atlic aproveita as oportunidades da economía azul e reúne a mozos de distintos países como España, Portugal, Irlanda e Francia para idear medidas que axuden a potenciala. A directora xeral felicitounos pola súa iniciativa e lembrou que a economía azul é unha prioridade para Galicia, unha Comunidade referente internacional na exportación de produtos do mar e a primeira potencia pesqueira de Europa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/03/2024