A Xunta adxudica unha parcela de máis de 3.400 m2 de solo empresarial no parque da Veigadaña, en Mos

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

A Xunta, a través da empresa pública Xestur Galicia, adxudicou recentemente unha parcela de solo empresarial no parque da Veigadaña, no municipio pontevedrés de Mos, para a instalación dun centro de inspección técnica de vehículos.

Os terreos teñen unha superficie de 3.420 metros cadrados e foron adxudicados polo Consello de Administración de Xestur por un importe de 554.040 euros, despois de aplicar xa unha bonificación do 30% sobre o prezo de venda da parcela.

Data de actualización: 25/03/2024