A Xunta colabora coa cociña económica da Coruña a través da orde de axudas de iniciativa social

A Coruña, 30 de marzo de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a cociña económica da Coruña onde lembrou que o Goberno galego colabora con este centro a través da orde de axudas de iniciativa social. En concreto, a través da última convocatoria correspondente aos anos 2023-25, a cociña económica recibe unha axuda de 240.000 euros para o seu funcionamento diario, 120.000 euros por cada anualidade.

Arturo Parrado puxo en valor o traballo desta cociña económica por ofrecer calor e apoio ás persoas que peor o están a pasar durante todo o ano. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego seguirá apoiando a aquelas entidades que, de xeito desinteresado, traballan cada día para facer da nosa sociedade un lugar máis xusto no que vivir.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/03/2024