A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo visitou a Fundación Menela polo Día Mundial do Autismo

Fabiola García sinala que a Xunta está “preto das persoas con autismo” para fomentar a súa inclusión, o seu recoñecemento e a súa autonomía

Puxo en valor o impulso do concerto social para blindar as prazas de atención á discapacidade ao que o Goberno galego destina 100 millóns de euros ao ano

Vigo, 2 de abril de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta mañá o centro CAMI da Fundación Menela, onde sinalou que o Goberno galego está “preto das persoas con autismo” para fomentar a súa inclusión, o seu recoñecemento e a súa autonomía. Esta visita tivo lugar na conmemoración do Día Mundial do Autismo que este ano ten como lema: #AutismoCercaDeti. 

A conselleira en funcións destacou que neste último ano o Goberno galego chegou a un acordo histórico coas entidades socias galegas para poñer en marcha o concerto social, que permitiu blindar a atención ás persoas con discapacidade por toda Galicia e ao que a Xunta destina 100 millóns de euros ao ano. Así, Fabiola García agradeceu á Federación Autismo Galicia, e a todas as entidades que a conforman, o seu traballo e compromiso por facer da nosa Comunidade un lugar máis agradable para as persoas con autismo. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/04/2024