A Xunta felicita á Asociación Pontevedresa de Familiares de Enfermos de Alzhéimer no 20 aniversario da súa fundación

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, asistiron hoxe á gala benéfica organizada pola entidade

Pontevedra, 5 de abril de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, deu os parabéns ás familias, usuarios e persoal que forma parte da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Pontevedra (Afapo), que hoxe celebrou os seus 20 anos de traxectoria cunha gala benéfica. Ao acto, que tivo lugar no auditorio de Abanca, tamén asistiu o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández.

Antón Acevedo destacou que Galicia é a única comunidade que conta cunha rede de unidades terapéuticas especializadas na atención ao alzhéimer e avogou por seguir impulsándoa da man do tecido social. 

Así mesmo, o director xeral garantiu que o Executivo autonómico continuará traballando na mellora da atención das persoas que teñen esta doenza, con máis servizos adaptados ás súas necesidades que melloren a súa calidade de vida e a dos seus familiares.

Data de actualización: 05/04/2024