A Xunta destina máis de 265.000 € á posta en marcha da unidade de atención temperá de Mos

Mos (Pontevedra), 8 de abril de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá a unidade de atención temperá do concello de Mos á que a Xunta destina máis de 265.000 euros a través da orde de axudas para entidades locais nos anos 2022 a 2024. Durante a vista destacou a calidade asistencial deste servizo que atende a nenos con posibles problemas no desenvolvemento.

A unidade de Mos atende cada ano a máis de 120 nenos e ás súas familias naquelas primeiras dúbidas ou incertezas que poidan xurdir para gañar en autonomía e mellorar a súa atención desde a infancia. A directora xeral lembrou que a Xunta seguirá ampliando esta rede de servizos para que cheguen a todos os puntos da comunidade. Desde o ano 2009, o número de unidades de atención temperá multiplicouse ao pasar de dúas a máis de corenta actualmente en funcionamento que dan cobertura a máis de 200 concellos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/04/2024