A Xunta participa nun encontro sobre a formación de coidadores de persoas dependentes

Rianxo (A Coruña), 16 de abril de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, inaugurou hoxe un encontro de expertos no ámbito da atención á dependencia que tivo lugar no IES Félix Muriel de Rianxo. Esta actividade enmárcase nun proxecto Erasmus+ liderado por este centro educativo, con Agadea Alzhéimer e a entidade italiana Mestieri Lombardia.

Nesta xornada abordáronse novos métodos para a formación de profesionais de atención a persoas en situación de dependencia. En concreto, púxose en valor a nova figura do auxiliar coterapeuta e a importancia dos coidados especializados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2024