O libro “Ourense, muy cerca” presentouse na Casa de Galicia en Madrid coa presenza do presidente da deputación, Luís Menor

Madrid, 16 de abril de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do do libro "Ourense, muy cerca", do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde Corbal e editado pola Deputación de Ourense, representado en Madrid polo propio presidente, Luís Menor.

Conde Corbal explicou que a obra "incorpora a mirada e os recordos de nove xornalistas, escritores, ilustradores e profesionais da comunicación con capacidade para expresar literariamente as emocións que lles xera esta terra".

O volume transformarase nun obsequio que recibirán todos os viaxeiros que se suban  ao AVE en Chamartín con destino a Ourense o próximo 23 de abril, coincidindo co Día do Libro

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, afirmou na Casa de Galicia en Madrid que "o AVE é ese factor de competitividade e valor engadido que necesitabamos en Ourense", un instrumento ao servizo dunha provincia "que ten a inmensa capacidade de asombrar ao viaxeiro".

O AVE "é o milagre que transforma as distancias físicas en tempo" e que pon ao alcance de calquera viaxeiro un territorio "que sorprenderá a quen non o coñeza", subliñou o presidente da Deputación, que ante o salón repleto da Casa de Galicia en Madrid destacou a singularidade termal da provincia, á que se refiren a maior parte dos colaboradores que participan neste libro.

O patrimonio arquitectónico e histórico, a natureza, o enoturismo, a gastronomía e os camiños xacobeos foron algúns dos recursos máis importantes citados por Luís Menor "nun prólogo da viaxe que me gustaría que fixesen á nosa terra", convidou aos presentes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2024