A Xunta destaca a importancia do deporte para avanzar cara a plena inclusión das persoas con discapacidade

A directora xeral Begoña Abeijón participou hoxe na inauguración dos XXIV Xogos Autonómicos de Atletismo de Special Olympics Galicia

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 20 de abril de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiu hoxe á inauguración dos XXIV Xogos Autonómicos de Atletismo de Special Olympics Galicia, que se disputan nas pistas do estadio de Fontecarmoa e que congregan a preto de 200 atletas.

Begoña Abeijón destacou a importancia que ten o deporte para potenciar a autoestima, a superación, a convivencia e as plena inclusión. Así mesmo, valorou o traballo que realiza neste ámbito durante todo o ano Special Olympics Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/04/2024