Diego Calvo asiste á toma de posesión do novo fiscal xefe da Fiscalía Provincial da Coruña

A Coruña, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na Coruña á toma de posesión do fiscal xefe da Fiscalía Provincial da Coruña, Miguel Armenteros. Previamente en Vigo, o director xeral de Xustiza e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acudiron á toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Vigo, Óscar Vladimir Vallejo, que se celebrou na Cidade da Xustiza. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/04/2024