Ana Ortiz destaca a traxectoria cultural do Ateneo Musical de Bembrive no seu 30 aniversario

Vigo, 24 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este mércores á directiva do Ateneo Musical de Bembrive para coñecer os proxectos de futuro do grupo cultural. A representante autonómica mantivo unha xuntanza de traballo co Enrique Comesaña e Charo Otero, presidente e vicepresidenta do Ateneo, e deulles os parabéns polo 30 aniversario da creación do colectivo. O vindeiro sábado 27 de abril (19:00 horas) o Ateneo Musical celebrará a conmemoración cun concerto no Auditorio do Centro Cultural de Bembrive.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2024