A Xunta participa na ofrenda floral de homenaxe a Domingo García-Sabell

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá en Santiago de Compostela na ofrenda floral de homenaxe a Domingo García-Sabell co gallo do 21 cabodano do escritor e expresidente da Real Academia Galega.

O ofrenda tivo lugar no cemiterio de Boisaca e forma parte da xornada-homenaxe que organiza a Fundación Carlos Casares, que se completará cunha mesa redonda pola tarde na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, na que participan Marina Mayoral, Darío Villanueva e Xesús Alonso Montero.

Trátase dunha lembranza que reflicte a relevancia de García-Sabell como escritor, intelectual e impulsor de innumerables iniciativas no eido político como cultural e lingüístico ao longo do século XX. Foi, ademais, un dos construtores da Galicia cultural contemporánea sen a cal non se pode entender o devir da Comunidade ao longo do século pasado.

Cómpre destacar que o labor profesional e social deste figura senlleira da historia intelectual e política galega viuse recoñecido co Premio das Artes e das Letras que lle outorgou a Xunta de Galicia, en 1998, e coa Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil, o 10 de xuño de 2002.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2024