A Xunta asiste ao tradicional xantar dos maiores de Vimianzo

Vimianzo (A Coruña), 27 de abril de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe ao tradicional Xantar dos Maiores que organiza o Concello de Vimianzo e que este ano chegou á edición número vinte. 

Perfecto Rodríguez reiterou o compromiso da Xunta coas persoas maiores para que sigan tendo un papel activo na sociedade, unha vida activa e servizos de proximidade para que poidan decidir libremente onde e como vivir esta etapa das súas vidas.

Data de actualización: 27/04/2024