A Xunta apoia unha guía protagonizada polos Bolechas para dar a coñecer aos pequenos a discapacidade intelectual

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta tarde á presentación dunha guía especial dos Bolechas para dar a coñecer aos máis pequenos a discapacidade intelectual. Esta guía está impulsada por Fademga Plena Inclusión e conta co apoio da Xunta de Galicia e da Fundación Once.

O acto tivo lugar no centro comercial As Cancelas e incluíu unha sesión de contacontos e a realización dun mural colectivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2024