A Xunta lembra a importancia de compartir momentos cos nosos avós e avoas

Sober (Lugo), 27 de abril de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á XXII Festa das avoas e dos avós que tivo lugar no concello de Sober. Durante o encontro, lembrou a importancia de coidar dos nosos maiores e de compartir momentos con eles para aproveitar a súa experiencia e sabedoría.

O director xeral sinalou que estes xantares contan cunha ampla tradición e permiten que as persoas maiores desfruten dunha comida en compañía. Neste sentido, puxo o foco na importancia de ofrecerlles actividades e momentos que lles permitan vivir esta etapa das súas vidas con alegría e fomentando a súa autonomía. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2024