A agrupación cultural Toxo Queimado, de Baleira, visita a Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 28 de abril de 2024

O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, recibiu na sede da Xunta de Galicia en Madrid á agrupación cultural Toxo Queimado, de Baleira (Lugo), que se atopa na capital de España para participar nun encontro de bandas en Alcobendas con motivo da festa do marisco.

Esta agrupación, que conta con máis de cen socios, decidiu facer a súa primeira parada na Casa de Galicia para coñecer de primeira man as actividades que levan a cabo na sede da Xunta en Madrid.

A agrupación non dubidou en interpretar un par de pezas na propia sede e unha breve mostra da música tradicional galega diante do Museo Del Prado, para asombro e admiración de turistas, que non deixaron pasar a ocasión de fotografar á agrupación, e interesarse polo folclore de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2024