Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

Sandra Vázquez naceu en 1986 en Vilalba (Lugo). É titulada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), máster en Finanzas e Seguros e xestora administrativa polo Colexio Profesional de Xestores Administrativos. Foi senadora pola provincia de Lugo desde as eleccións xerais de 2015 ata o 2016, sendo vogal da Comisión de Economía e Competitividade, voceira da Comisión de Igualdade e vogal da Comisión de Peticións. En 2016 foi elixida deputada autonómica por Lugo no Parlamento de Galicia. Foi tamén concelleira do Concello de Vilalba desde o ano 2015, ata que en xuño de 2023 foi nomeada secretaria xeral da Igualdade, cargo que ocupou ata o momento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/04/2024