A Xunta participa na III Festa do Maior de Castrelo de Miño

Castrelo de Miño (Ourense), 4 de maio de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participaron hoxe na III Festa do Maior de Castrelo de Miño. Acevedo aproveitou esta cita para coñecer de primeira man as inquietudes dos maiores deste concello ourensán.

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria lembrou que Castrelo do Miño conta con dúas casas do maior que achegan aos maiores actividades de envellecemento activo sen necesidade de abandonar a súa contorna habitual.

Data de actualización: 04/05/2024