Martina Aneiros participa na inauguración da mostra ‘Recreación de Batallas Históricas de la Armada’ que poderá visitarse ata o 31 de maio

Ferrol, 4 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na inauguración da exposición Recreación de Batallas Históricas de la Armada, organizada pola Asociación Galega de Coleccionistas de Playmobil na Sala de Armas do Arsenal militar.

A mostra, que poderá visitarse ata o 31 de maio -ben en grupos organizados ou por centros educativos-, está composta por 80 barcos e 3.000 pezas de Playmobil cos que se recrean seis batallas navais nas que participou a Armada, nomeadamente a de Lepanto, Cartagena de Indias, Brión, Poza, Rochelle e Illa Terceira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/05/2024