Arias agradece a Javier Amigo o seu labor á fronte da Policía Autonómica en Lugo ante a súa inminente xubilación

Lugo, 6 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza con Javier Amigo, inspector xefe en Lugo da Unidade de Policía Adscrita (UPA) á Comunidade Autónoma de Galicia, ante a súa próxima xubilación o vindeiro mes.

Arias gabou “o gran labor que fixo ao fronte da Policía Autonómica” e agradeceu a súa “implicación e disposición, sempre colaboradora, para contribuír á seguridade cidadá e ao esclarecemento de delitos na provincia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2024