A exposición de concienciación sobre o autismo da asociación Amicos chega ao Concello de Lousame

Lousame (A Coruña), 6 de maio de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na presentación da exposición itinerante de concienciación sobre o autismo que Amicos está levando por todos os concellos do Barbanza. Logo de achegarse a distintos concellos da comarca, a entidade fai unha última parada na praza do Concello de Lousame. 

O director xeral destacou a importancia de que a sociedade en xeral teña a información suficiente sobre este trastorno, de xeito que o tratamento a todas as persoas con TEA sexa o máis xusto e inclusivo. Neste sentido, puxo o aceno na infancia e nas xeracións máis novas onde se asumen uns roles de conducta que marcarán a vida adulta. Por todo iso, agradeceu a Amicos o seu traballo de concienciación e visibilización. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2024