O director da Casa de Galicia en Madrid participou no concerto Novena sinfonía de Beethoven, que celebra 200 anos a ritmo de gaitas e muiñeira

Madrid, 7 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou nun concerto popular en Madrid con 250 coristas e a Real Banda de Gaiteiros de Ourense, que rende homenaxe aos dous séculos desde que o alemán fixo soar por primeira vez o himno. 

O concerto, organizado pola editorial La cama sol e que se celebrou na sala sinfónica do Auditorio Nacional de Madrid , presentouse como un tributo á diversidade musical máis popular, desde a sinfonía de Beethoven ata as vibrantes composicións de zarzuela e da tradición galega. Durante as dúas horas do recital, a Beethoven Symphony Orchestra, dirixida por Ramón Torrelledó, saltou ao longo destes dous ecléctricos séculos de música clásica, que unen Beethoven co romanticismo español dos compositores Ruberto Chapí e Gerónimo Giménez. A culminación chegou co poema sinfónico A muiñeira para orquestra sinfónica e voz, onde a clásica se uniu á música galega acompañada pola Real Banda de Gaiteiros de Ourense, dirixida por Xosé Luís Foxo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2024