Valentín García participa na presentación da reedición da novela ‘As chaves do tempo’, de Luísa Villalta

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación da reedición da novela As chaves do tempo, de Luísa Villalta, a escritora, docente e música á quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A editorial Cuarto de Inverno reedita esta novela, unha obra enmarcada nunha Galicia medieval e que foi publicada por primeira vez en 2001. Valentín García puxo en valor que máis de vinte anos despois volva saír do prelo “mantendo intacta a súa actualidade”, na que se abordan cuestións como a identidade, o feminismo, o amor ou a ambición.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2024