O delegado territorial da Xunta reúnese co presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO)

Ourense, 08 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO), Manuel Tejada, ao que lle manifestou o seu recoñecemento polo labor desenvolvido a prol das persoas con especial dificultade.

Dentro da rolda de contactos que está a manter cos distintos axentes económicos e sociais da provincia tralo seu recente nomeamento, Manuel Pardo, trasladoulle a total colaboración do Goberno galego coas persoas con singulares dificultades; hoxe en día, ADO atende a uns corenta usuarios de diferentes idades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2024