O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude interveu na presentación de ‘De Vilatriste a Vilalegre’, que a compañía da Xunta coproduce con Teatro ó Cubo

O Centro Dramático Galego comparte a celebración do seu 40º aniversario cun espectáculo itinerante por máis de 100 concellos do rural

José López Campos enmarcou esta iniciativa nos obxectivos que o Goberno galego persegue co deseño da futura Rede Adival para a dinamización cultural nos municipios menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos

As provincias de Lugo e Ourense concentran máis da metade das paradas desta xira, que arranca este domingo en Negueira de Muñiz e se estende ata o 15 de setembro    

O espectáculo sae ao encontro do público nun camión, que serve tamén de escenario para esta proposta dirixida por Sofía Espiñeira e Roberto Casal Mouriño con texto orixinal de Roi Vidal Ponte

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

O Centro Dramático Galego avanza na celebración do seu 40º aniversario, que entre os meses de maio e setembro compartirá tamén co público dos máis de 100 concellos do rural polos que xirará o espectáculo itinerante De Vilatriste a Vilalegre. Esta coprodución da compañía da Xunta de Galicia e Teatro ó Cubo foi presentada hoxe no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, nun acto que contou coa intervención do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e ao que asistiron representantes dos municipios nos que se desenvolverá a iniciativa, a metade deles situados nas provincias de Lugo e Ourense.

Na súa intervención, López Campos agradeceulles a todos eles a súa implicación neste proxecto que lles trasladou o Centro Dramático Galego e que, nas súas palabras, pode considerarse “un avance do que será a futura Rede Adival” na que traballa xa o Goberno galego co obxectivo de impulsar a dinamización cultural nos concellos menos poboados e máis afastados dos principais núcleos urbanos.

Programación descentralizada

O conselleiro gabou, así mesmo, o labor que neste sentido levan a cabo día a día os departamentos municipais de Cultura. “Neste caso, o teatro é o noso vínculo cos concellos para descentralizar a programación cultural e compartila tamén co público do rural”, sinalou, ademais de poñer o foco na cultura e na lingua galegas como “recursos importantísimos” non só a nivel patrimonial, senón tamén económico e social.

De Vilatriste a Vilalegre inicia o seu percorrido este mesmo domingo en Negueira de Muñiz (Lugo) a bordo de A utópica rodante, o camión que funciona ao tempo como escenario para a representación do espectáculo, conferíndolle xa que logo unha gran mobilidade e capacidade de adaptación a todo tipo de espazos.

Na presentación, á que tamén asistiu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interviñeron ademais Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, e Sofía Espiñeira, quen codirixe a montaxe con Roberto Casal Mouriño, a partir do texto orixinal de Roi Vidal Ponte.

Teatro sobre rodas

A compañía puxo en escena un pequeno fragmento da montaxe, interpretada por Uxía Algarra e Roberto Casal, con escenografía de Beatriz de Vega, vestiario de Carmen Pichel e música de Brais das Hortas. Con esta coprodución co Centro Dramático Galego, Teatro ó Cubo pon en marcha o proxecto itinerante de A utópica rodante a modo de “teatro sobre rodas”, pensando para públicos de todas as idades co fin de xerar comunidade arredor das artes escénicas

Co mundo do cómic como referencia e combinando teatro actoral e de monicreques, a primeira proposta desta iniciativa confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia de Vilatriste, onde se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza e confianza pola veciñanza.

Tras a función deste domingo, o espectáculo poderá verse en máis dun cento de municipios das catro provincias coas seguintes datas previstas:

A CORUÑA

Monfero

14/05/24

Mesía

15/05/24

Ribeira

18/05/24

Lousame

26/05/24

Brión

07/06/24

Carral

13/06/24

Oroso

26/06/24

Toques

01/07/24

Val do Dubra

05/07/24

A Baña

09/07/24

Culleredo

16/07/24

Dumbría

16/07/24

Laxe

26/07/24

Betanzos

28/07/24

Curtis

30/07/24

Ponteceso

13/08/24

Rianxo

13/08/24

Boiro

14/08/24

Cedeira

14/08/24

Trazo

26/08/24

Irixoa

30/08/24

Vilarmaior

30/08/24

Frades

31/08/24

Santa Comba

01/09/24

Vimianzo

07/09/24

 

LUGO

Negueira de Muñiz

12/05/24

A Pobra do Brollón

19/05/24

Alfoz

25/05/24

Cervo

26/05/24

O Páramo

10/06/24

O Valadouro

15/06/24

Becerreá

20/06/24

Monterroso

23/06/24

O Vicedo

10/07/24

Samos

14/07/24

Taboada

17/07/24

Chantada

18/07/24

Pantón

20/07/24

Baleira

08/08/24

A Fonsagrada

09/08/24

Castro de Rei

10/08/24

Meira

11/08/24

Quiroga

11/08/24

Rábade

12/08/24

Ribas de Sil

17/08/24

Castroverde

18/08/24

Sarria

21/08/24

Palas de Rei

22/08/24

Friol

24/08/24

Guntín

25/08/24

Xove

29/08/24

O Saviñao

31/08/24

Sober

14/09/24

 

OURENSE

Paderne de Allariz

01/06/24

Vilamarín

16/06/24

A Peroxa

22/06/24

San Cristovo de Cea

27/06/24

Couto Mixto

06/07/24

Cenlle

11/07/24

Allariz

12/07/24

Monterrei

13/07/24

Vilamartín de Valdeorras

20/07/24

Cortegada

21/07/24

Celanova

25/07/24

A Rúa

28/07/24

Arnoia

01/08/24

Avión

02/08/24

Beade

03/08/24

Muíños

03/08/24

A Pobra de Trives

04/08/24

A Veiga

06/08/24

A Merca

07/08/24

O Irixo

15/08/24

Xunqueira de Ambía

16/08/24

Rubiá

23/08/24

 

PONTEVEDRA

Meaño

16/05/24

Redondela

17/05/24

Cambados

18/05/24

A Estrada

19/05/24

Moaña

24/05/24

Nigrán

31/05/24

Mondariz-Balneario

08/06/24

A Illa de Arousa

09/06/24

Covelo

21/06/24

Mos

22/06/24

Mondariz

28/06/24

A Guarda

29/06/24

Cangas

30/06/24

Portas

03/07/24

O Rosal

04/07/24

Ribadumia

05/07/24

Bueu

09/07/24

Cerdedo-Cotobade

22/07/24

Moraña

23/07/24

Rodeiro

24/07/24

Crecente

27/07/24

A Cañiza

20/08/24

O Grove

28/08/24

Silleda

05/09/24

Barro

06/09/24

Oia

13/09/24

Catoira

15/09/24

Ademais, o 2 de xuño o equipo de Vilatriste a Vilalegre viaxará ata a provincia de Zamora para ofrecer unha representación do espectáculo en Lubián.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2024