A Xunta destaca no día de Europa o papel da Unión Europea no desenvolvemento da actividade pesqueira

Vigo, 8 de maio de 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu ao acto con motivo da celebración do Día de Europa na sala de exposición permanente do Museo do Mar de Galicia e organizado pola Axencia Europea de Control da Pesca.  O responsable autonómico destacou, acompañado pola directora desta institución comunitaria, Susan Steele, o importante papel que xoga a Unión Europea no desenvolvemento das políticas pesqueiras e reivindicou o liderado que exerce Galicia neste sector como demostra o feito de que a axencia teña a súa sede na cidade de Vigo. Nesta liña puxo en valor as contribucións que se poden realizar desde a nosa comunidade de cara a afrontar os desafíos presentes e futuros aos que se enfronta a actividade pesqueira.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 08/05/2024