A delegación territorial da Xunta en Lugo inaugura a exposición sobre gorros e vestimenta militar ‘Enredado na miña cabeza’

Está organizada pola Subdelegación de Defensa e poderá ser visitada ata o xoves 16 de maio

Lugo, 9 de maio de 2024

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle desde hoxe e ata o xoves 16 de maio a exposición “Enredado na miña cabeza”, organizada pola Subdelegación de Defensa de Lugo. Na inauguración participaron o delegado territorial, Javier Arias; o xefe do Órgano de Apoio da Subdelegación, Enrique García González, e o propietario da colección, Julio César Presencio, entre outros.

A mostra reúne máis de 200 sombreiros, gorras ou cascos así como uniformes e outros elementos elaborados para os distintos corpos das Forzas Armadas e a Garda Civil ao longo da historia. Ten carácter itinerante e chega a Lugo despois de percorrer 69 localidades de España.

Durante a inauguración, o tenente Julio Presencio fixo un percorrido pola historia de España tomando como base diferentes prendas expostas; igualmente, ofrece hoxe e mañá visitas guiadas a escolares para explicar os pormenores da exposición, aspectos históricos, curiosidades e anécdotas históricas.

A visita para o público xeral é libre e gratuíta, en horario continuo de luns a venres desde as 9.00 ata as 20.00 horas, e os sábados ata as 14.00 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024