A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da revista de FAGAMA

Madrid, 10 de maio de 2024

Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación da revista de FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid).

"Comprométome a estar á beira da vosa federación que tanto fai por Galicia difundindo as nosas tradicións, a nosa cultura e a nosa historia. Atoparedes en min, un fiel e leal colaborador, con dedicación plena e vontade permanente para dar resposta aos vosos problemas e inquietudes como asociación", dixo o director da Casa de Galicia na súa benvida.

No acto interveu Antonino Nieto, creador da revista, e que foi o encargado de explicar con detalle a xestación da mesma.

A presentación da revista serviu como preámbulo para, en primicia, interpretar o himno en homenaxe ao ilustre arquitecto galego, Antonio Palacios, composto por Carlos Nieto, director do coro do Centro Galego de Madrid.

A velada pechouse coa actuación do grupo lucense, A Penúltima.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2024