Belén do Campo participou no acto da Función do Voto na cidade da Coruña

A Coruña, 12 de maio de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na cerimonia relixiosa da Función do Voto. Este acto celébrase desde a heroica e milagrosa vitoria coruñesa sobre o pirata Francis Drake, en 1589. A cidade da Coruña encomendouse naquel momento á Virxe do Rosario para resistir ao invasor, e desde entón réndelle homenaxe cada ano neste tradicional agradecemento público.

 

Esta celebración tivo lugar na igrexa de Santo Domingo para referendar cunha eucaristía a devoción dos coruñeses pola súa patroa. Belen do Campo destacou que “este acto é o reflexo da forma de ser da cidade da Coruña ao longo dos séculos, sempre aberta, liberal, innovadora e construída sobre o respecto ás tradicións e a súa historia”.

Data de actualización: 10/05/2024