Cultura participa na ofrenda floral polo aniversario de nacemento de Camilo Jóse Cela

Padrón (A Coruña), 10 de maio do 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na Ofrenda floral, celebrada co gallo do aniversario do nacemento do escritor Camilo José Cela, no cemiterio de Iria Flavia, en Padrón (A Coruña).

Este acto encádrase dentro da programación especial Letreseo. A semana das Letras no Museo, que organiza a Fundación Pública Galega Camilo José Cela e que, desde hoxe e ata o 20 de maio, inclúe actividades especiais para os centros escolares desde infantil a bacharelato; dez días de portas abertas con entrada de balde, en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas, e actividades para todos os públicos.  Precisamente, esta noite celebrarase un monólogo do actor e humorista Carlos Blanco no Paraninfo do Museo, con entrada gratuíta ata completar capacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2024