O barrio lucense da Piringalla celebra as festas de San Isidro do 15 ao 19 de maio co apoio da Xunta

Lugo, 10 de maio de 2024

O barrio lucense da Piringalla celebrará as festas de San Isidro do 15 ao 19 de maio coa colaboración da Xunta, que apoia economicamente a cita. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e membros da asociación organizadora presentaron hoxe o programa na Delegación Territorial.

Na primeira xornada recibirán os Bastóns de Ouro as persoas distinguidas este ano con este recoñecemento veciñal. Todos os días haberá animación musical con DJs, grupos e orquestras como o Combo Dominicano, Cinema ou Gran Parada. No programa tamén destaca unha xuntanza de coches clásicos que se concentrarán na rúa Manuel María o sábado 18 ás 11.00 horas; e o Día do Neno o domingo 19, que contará con atraccións e actividades infantís para os máis pequenos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2024