Fabiola García reitera o compromiso da Xunta de Galicia coas persoas maiores nun encontro en Lousame

Lousame, 17 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reiterou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia coas persoas maiores. Fíxoo na IV Xuntanza dos Maiores do concello de Lousame, na que salientou que seguirán contando co apoio do Executivo autonómico para que teñan os coidados que necesitan e poidan desfrutar desta etapa das súas vidas. No encontro tamén participou a alcaldesa do concello, Teresa Villaverde.

Neste sentido, Fabiola García referiuse a programas como Benestar en Balnearios, Xuntos polo Nadal, as Aulas sénior ou convenios coas universidades galegas que impulsa a Xunta e que facilitan un envellecemento activo e saudable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024