Martina Aneiros agradece o labor realizado polo persoal da Xunta en Ferrol xubilado desde o ano 2022

Ferrol, 22 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá un acto en homenaxe ao persoal da Administración autonómica xubilado desde a constitución da Delegación Territorial de Ferrol (xaneiro de 2022) ata a actualidade.

Aneiros agradeceulles o traballo de toda unha vida adicada ao servizo público e desexoulles que gocen desta nova etapa “e dun merecido descanso”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2024