Fabiola García participa no Consello Territorial de Servizos Sociais e do SAAD

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no Consello Territorial de Servizos Sociais e do SAAD, o Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia.

Foi un encontro cun único punto na orde do día: a posta en marcha do Programa Básico, o novo sistema de tarxetas moedeiro para facilitar o acceso a produtos de alimentación e de primeira necesidade ás familias en situación de vulnerabilidade con menores a cargo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2024