A Xunta pon en valor o traballo dos centros de día na atención a maiores tamén durante os meses do verán

Sanxenxo (Pontevedra), 7 de agosto de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá o centro de día de municipal de Sanxenxo acompañado da concelleira de Servizos Sociais e Maiores desta localidade, Paz Lago. Durante a visita, o director xeral puxo en valor o traballo destes centros na atención a maiores e na conciliación das familias tamén durante os meses do verán.

O director xeral lembrou que o Goberno galego aposta por ofrecer servizos de atención a maiores que lles permitan seguir vivindo nos seus lugares de sempre ao tempo que están ben atendidos. Neste sentido, apuntou que os centros de atención diúrna permiten ofrecer terapias e coidados durante oito horas ao día e que as persoas maiores poidan seguir vivindo nas súas casas rodeados dos seus.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/08/2024