A música do ‘Carude Rock’ volve a Monforte este venres co apoio da Xunta de Galicia
2024-08-08
/documents/35297/1427840/080824+Presentaci%C3%B3n+Carude+Rock.jfif?version=1.0&imagePreview=1
Monforte de Lemos (Lugo), 8 de agosto de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación dunha nova edición do Carude Rock, que se celebra este venres co apoio da Xunta de Galicia.
Arias gabou o labor dos organizadores para “converter o barrio monfortino de Carude nun referente musical, apostando por impulsar o talento galego”. Este ano actuará o grupo local Delorians e os coruñeses Zënzar e Mártires del Rock & Roll. O festival dará comezo ás 20.30 horas.
Data de actualización: 08/08/2024