A Xunta participa na tradicional peregrinación de maiores ao Santuario de los Milagros
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu aos actos organizados pola Fundación San Rosendo
Baños de Molgas (Ourense), 2 de setembro de 2024
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe que a atención ás persoas de máis idade é unha prioridade para a Xunta de Galicia. Díxoo na celebración do Día do Maior e do Enfermo organizada pola Fundación San Rosendo.
Antón Acevedo sinalou que, ano tras ano, o Executivo autonómico incrementa o orzamento que destina ao coidado dos maiores e á mellora dos servizos sociosanitarios, superando na actualidade os 540 millóns de euros, un 18% máis con respecto ao exercicio pasado.
Nesta xornada, como é tradición, usuarios e persoal dos centros da Fundación San Rosendo visitaron pola mañá o santuario de Los Milagros e, posteriormente, realizouse unha xornada de convivencia na residencia de maiores da localidade.