A Xunta destaca a importancia do envellecemento activo nun curso da USC sobre hábitos de vida saudables

Santiago de Compostela (A Coruña), 5 de setembro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre “Claves para lograr un estilo de vida activo e unha alimentación saudable”. O programa, que se desenvolveu do 3 ao 5 de setembro no Colexio Maior Rodríguez Cadarso, contou con conferencias, obradoiros e mesas de debate.

O director xeral, que participou na mesa sobre estratexias públicas para fomentar hábitos saudables, lembrou a importancia que ten, especialmente entre as persoas maiores, manter un estilo de vida dinámico e destacou as políticas de envellecemento activo da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/09/2024