A Xunta salienta a boa xestión, a legalidade, a eficacia e a eficiencia como principios que rexen o servizo público á cidadanía

A interventora Xeral de Galicia, Almudena Chacón, puxo hoxe en valor en sede parlamentaria o interese do Goberno galego nos orzamentos da sanidade pública

Almudena Chacón confirmou que o compromiso de reforzo dos servizos públicos continuará nos vindeiros anos

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024

A Xunta salienta a boa xestión, a legalidade, a eficacia e a eficiencia como principios que rexen o servizo público á cidadanía e o Goberno galego considera imprescindible contar con sistemas de control que o poidan asegurar, como lembrou hoxe en comisión parlamentaria a interventora Xeral da Comunidade Autónoma, Almudena Chacón.

Almudena Chacón destacou que a intervención Xeral da Comunidade Autónoma conta cun sistema de control interno “estrito” sobre as actuacións e actividades do conxunto de entidades que forman parte do sector público autonómico. Anunciou, ademais, que se está a traballar nun sistema de supervisión continua, en colaboración co Goberno central e o resto das CC.AA., para lograr un procedemento homoxéneo e semellante para todos.

Para a interventora Xeral resulta evidente, ademais, o interese que amosa o Goberno galego nos orzamentos dedicados á sanidade pública, en particular, e os que teñen que ver cos servizos público á cidadanía en xeral. Algo que Almudena Chacón confirmou que se vai continuar a reforzar nos vindeiros anos.

Data de actualización: 05/09/2024