Ana Ortiz mantén unha xuntanza de traballo cos responsables da agrupación territorial Galicia-Norte de Portugal
2024-09-11
/documents/35297/1443024/20240911+AECT+Vigo.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 11 de setembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo co director e o secretario da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), Nuno Almeida e Xosé Lago, respectivamente.
Na reunión a representante autonómica tivo a oportunidade de abordar o estado actual dos programas que o axente dinamizador e de interconexión para a Eurorrexión ten en marcha a día de hoxe. Programas en áreas como o emprendemento, a educación -a través do Programa Iacobus-, a cultura e patrimonio, o turismo, a innovación e o ambiente sostible, a saúde e o benestar, a agricultura, o deporte e a cidadanía, entre outras.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 11/09/2024