Martina Aneiros asiste á toma de posesión do novo fiscal xefe da área de Ferrol, Daniel Jove Martínez

Ferrol, 13 de setembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá nos Xulgados da cidade á toma de posesión do fiscal xefe do partido xudicial de Ferrol, Daniel Jove Martínez.

Daniel Jove, que chegou á Fiscalía de Ferrol en 2010 onde se especializou en asuntos de Medio Ambiente e Urbanismo e Seguridade Viaria, substitúe no cargo a Miguel Armenteros, quen desde hai un meses ocupa o posto de fiscal xefe da Fiscalía da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/09/2024