Rueda asiste á presentación da segunda edición do libro ‘Ilustres xuristas galegos’ en Santiago

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta tarde á presentación da segunda edición do libro Ilustres xuristas galegos de Carlos Lema Devesa, no que se recoñece a unha vintena de profesionais do Dereito de Galicia que se alzaron co premio Montero Ríos.

O titular do Goberno autonómico destacou que esta obra é unha homenaxe ao talento e a excelencia de xuristas galegos que exercen de embaixadores de Galicia fóra da comunidade, pero tamén un recoñecemento ao mundo do Dereito en xeral.

Nesta liña, fixo fincapé en que o Estado de Dereito é unha das grandes conquistas das sociedades democráticas e que o Dereito xoga un papel fundamental como garante da convivencia e o correcto funcionamento da sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2024