A Xunta participa nunha marcha para conmemorar o Día Internacional das Persoas Xordas
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor o apoio da Xunta no acceso a servizos e na inclusión plena das persoas xordas
Ourense, 28 de setembro de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá nos actos conmemorativos do Día Internacional das Persoas Xordas organizados pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) en Ourense.
Baixo o lema deste ano, ‘Lingua de Signos por dereito ¡Súmate!’, a directora xeral participou nunha marcha polas rúas da cidade que rematou na Praza Maior de Ourense coa lectura dun manifesto.
Neste acto, Begoña Abeijón destacou que, gracias ao apoio do tecido social, a realidade das persoas xordas ten mudado moito durante os últimos anos. Por este motivo, apuntou que FAXPG sempre atopará ao seu carón o apoio da Xunta a través da promoción de iniciativas de acción e visibilización da realidade das persoas xordas.