A Xunta destaca os 30 anos de traxectoria de ASEM Galicia na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidades neuromusculares
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta mañá aos actos conmemorativos do 30 aniversario da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), unha entidade que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con estas doenzas e as súas familias.
Durante o evento, fíxose entrega dos Recoñecementos ASEM 30º aniversario e os primeiros ‘Premios Jean Louis Bouvy’, que reciben o seu nome en honra do fundador desta entidade.
Begoña Abeijón destacou o traballo de ASEM Galicia para dar a coñecer a realidade e as necesidades específicas que teñen os seus usuarios. Concretamente, a entidade ofrece servizos de información, orientación e asesoramento, fisioterapia, apoio psicolóxico, programas de promoción da autonomía persoal e actividades lúdico-recreativas.