A comunidade é unha das grandes protagonistas do certame vasco
Galicia promociona a calidade e sabor dos seus produtos do mar na feira San Sebastián Gastronomika cun expositor propio da consellería do Mar
O stand autonómico acolleu ao longo de tres días diversas actividades como catas, de conserva no marca da campaña Cata la lata e de produtos pesqueiros baixo o selo PescadeRías
San Sebastián, 9 de outubro de 2024
A Consellería do Mar continúa afondando na estratexia de promoción dos produtos pesqueiros galegos máis alá das nosas fronteiras mediante a participación da comunidade en feiras e eventos de referencia a nivel nacional e internacional. Esta semana, e ao abeiro desta liña de traballo, Galicia contou cun espazo propio na San Sebastián Gastronomika onde se concentraron algúns dos mellores chefs do mundo poñendo á capital guipuscoana na vangarda gastronómica, superando este ano un cuarto de século de historia.
A cita donostiarra goza dun gran prestixio internacional na súa condición de congreso gastronómico decano a nivel mundial e conta coa participación de máis de 150 empresas.
No espazo de Galicia organizáronse diferentes degustacións de produtos e presentacións institucionais das compañías coexpositoras procurando experiencias de calidade para os visitantes da man de chefs galegos acompañados doutros interlocutores de interese como sommelier ou catadores. O obxectivo é establecer unha simbioses entre as empresas- público coa gastronomía galega dun xeito informal experimentando o sabor de Galicia no formato dos populares pintxos vascos locais.
Programa de catas
Nas tres xornadas que durou o congreso gastronómico levouse a cabo un amplo programa de catas de conservas no marco da campaña Cata la lata con produto das empresas La Curiosa e La Brújula, ‘Las verduras del mar de Galicia’ da man da empresa galega Capitán Alga, ‘Romería galega pescaderías. Pulpo’ a través da compañía O Percebeiro, todas elas coexpositoras no stand da Xunta.
Ademais se promocionaron produtos baixo o selo PescadeRias, o da campaña Ecolóxicos a mares, así como o mexillón de Galicia ou a merluza do pincho de Burela mediante o talento de chefs galegos como Adrián Felipez, Javier Rodríguez, Begoña Vázquez ou os irmáns Héctor e Paco López.