O delegado territorial da Xunta saúda aos participantes do espazo de lecer ‘Funtastik’

Ourense, 10 de outubro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao recinto feiral de Expourense para saudar aos participantes no evento  ‘Funtastik’, que se está a desenvolver ata o 13 de outubro co patrocíneo da Xunta e da Deputación Provincial e que conta cunha significativa asistencia de visitantes, sobre todo do eido educativo.

Os escolares e as súas familias desfrutan dun espazo temático dos ‘Pitufos’ que serven  como vehículo para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e unha zona ‘LEGO’ onde se fomenta a súa creatividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/10/2024