Belén do Campo asiste ao acto solemne de izado da bandeira na Coruña con motivo do Día da Festa Nacional

A Coruña, 11 de outubro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu ao acto solemne de izado de bandeira con motivo do Día da Festa Nacional 2024 presidido polo xeneral Xefe do Mando de Apoio á Manobra, Juan Francisco Arrazola,  nos xardíns de Méndez Núñez.

No acto tivo lugar unha homenaxe aos que deron a súa vida por España e un desfile das tropas participantes: a Escuadra de Gastadores e Sección do Cuartel Xeral de MAM, a Sección da Armada, a Sección do Exército do Aire e do Espazo, a Sección da Garda Civil, Unidade de Música do Cuartel Xeral do MAM e a Banda de Guerra da Brigada 'Galicia' VII.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/10/2024