Rueda participa nos actos de celebración da Festa Nacional

Madrid, 12 de outubro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou está mañá nos actos de celebración con motivo da Festa Nacional de España. Primeiro, o titular do Goberno galego asistiu ao acto solemne de homenaxe á bandeira nacional e desfile militar, na Praza de Cánovas del Castillo. A continuación, trasladouse ao Palacio Real para asistir á recepción das Súas Maxestades os Reis.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/10/2024